ACTA FUNDACIONAL

Reunidos en Teo, o día 20 de Novembro do 2003 ás 21:00 horas as persoas que a continuación se detallan:

Nome D.N.I.

1. Rosa Gómez Limia
2. Pilar Río Corbacho
3. Jacinta Palacios Piñas
4. Lourdes Carreira Liñeiras
5. América L. Pernas Rodríguez
6. Jose Manuel Elías Noya
7. María Jesús de Cabo Mosquera
8. Rosario García Ramos
9. Lourdes Silva Conde

Acordan:

1º. Constituir unha asociación ó amparo da Ley Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación que se denominará Teenses pola Igualdade.

2º Aprobar os estatutos polos que se vai a rexir a entidade, que foron leídos
neste mesmo acto e aprobados por unanimidade dos reunidos.
3º Designar a xunta directiva da entidade sendo a súa composición a seguiente:
President@: Rosa Gómez Limia
Vicepresident@: Pilar Río Corbacho
Secretari@: Jacinta Palacios Piñas
Tesoureir@: Lourdes Carreira Liñeiras
Vocais: América Lucía Pernas Rodríguez
  Jose Manuel Elías Noya
  María Jesús de Cabo Mosquera
  Rosario García Ramos
  Lourdes Silva Conde

E sen máis asuntos que tratar levántase a sesión, sendo as 21:30 horas do día da data.

Subir

ESTATUTOS

CAPíTULO I: DENOMINACIÓN, FINS, DOMICILIO E ÁMBITO

CAPÍTULO II: ÓRGANO DE REPRESENTACIÓN

CAPíTULO III: ASEMBLEA XERAL

Artigo 17. A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da Asociación e será integrada por tod@s @s asociad@s.

Artigo 18. As reunións da Asemblea Xeral serán ordinarias e extraordinarias. A ordinaria celebrarase unha vez ao ano dentro dos catro meses seguintes ao peche do exercicio; as extraordinarias celebraranse cando as circunstancias o aconsellen, a xuízo da President@, cando a Directiva o acorde ou cando o propoña por escrito unha décima parte d@s asociad@s.

Artigo 19. As convocatorias das Asembleas Xerais realizaranse por escrito expresando o lugar, día e hora da reunión así como a orde do día con indicación concreta dos asuntos a tratar. Entre a convocatoria e o día sinalado para a celebración da Asemblea en primeira convocatoria haberá de mediar polo menos quince días naturais, puidendo así mesmo facerse constar, se procedera, a data e hora na que se reunirá a Asamblea en segunda convocatoria, sen que entre unha e outra poida mediar un prazo inferior a unha hora.

Artigo 20. As Asembleas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedarán válidamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a ela un tercio d@s asociad@s con dereito a voto.

Os acordos tomaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas cando os votos afirmativos superen aos negativos, non sendo computables a estes efectos os votos en branco nin as abstencións.

Será necesario maioría cualificada das persoas presentes ou representadas, que resultará cando os votos afirmativos superen a metade destas, para:

  • Nomeamento da Xunta Directiva e administradores.
  • Acordo para constituir unha Federación de asociacións ou integrarse nelas.
  • Disposición ou enaxenación de bens integrantes do mobiliario.
  • Modificación dos estatutos.
  • Disolución da entidade.

Artigo 21. Son facultades da Asemblea Xeral Ordinaria:

  • Aprobar, no seu caso, a xestión da Xunta Directiva.
  • Examinar e aprobar as contas anuais.
  • Aprobar ou denegar as propostas da Xunta Directiva con respecto ás actividades da Asociación.
  • Fixar as contas ordinarias e extraordinarias.
  • Cualquera outra que non sexa de competencia exclusiva da Asemblea Extraordinaria.

Artigo 22. Corresponde á Asemblea Xeral Extraordinaria:

  • Nomeamento dos membros da Xunta Directiva.
  • Modificación dos Estatutos.
  • Disolución da Asociación.
  • Expulsión de soci@s, a proposta da Xunta Directiva.
  • Constitución de Federacions ou integración nelas.

CAPíTULO IV: SOCI@S

CAPITULO V

Inicio