Asociación para a participación das mulleres

SOLIDARIEDADE CON MATÍAS

Festa MatiasBenquerida xente:

Recibimos unha invitación para colaborar cunha inciativa da Asociación A Regionalista que o vindeiro día 30 de  marzo a partires das 5 da tarde vai facer unha Gala Musical no Auditorio da Ramallosa coa finalidade de recaudar fondos que axuden ao noso pequeno Matías.
Como sabedes , Matías é un neno de seis anos veciño de Teo que padece un retraso global do desenvolvemento, diparexia estática, epilepsia e displasia renal. O cativiño ten que someterse a un tratamento paliativo que mellorará a súa calidade de vida e para isto precisa de tod@s nós, co fin de financiar seu tratamento therasuit e a estancia en Guadalaxara, onde se vai realizar o mesmo.
Dende A Regionalista dísenos que a entrada vai ser gratuíta, recabándose  eso si, a solidariedade voluntaria de cantos alí nos xuntemos.
Como a causa que se nos pide é edificantemente  noble,  e como Matías o merece, pedimosvos a vosa asistencia a devandita Gala Musical.
Vémonos o día 30 na Ramallosa!

Arquivos