Asociación para a participación das mulleres

GALA LITERARIA MARIA MARIÑO 2017

Yolanda Tejo, patrocinadora, acompañada deFina Angueira e Maria Ferraces como presentadoras

 

O pasado 19 de maio celebramos con entusiasmo as nosas particulares Letras Galegas 2017 coa solemne entrega dos premios María Mariño 2017 seguida dunha cena festa de confraternidde entre todas aquelas persoas que tiveron a ben acompañarnos.

Yolando Tejo, a nosa mecenas colaboradora, fixo entrega dun cheque de 200 euros a gañadora do 2º Premio, Claudia Castro quen a continuación emocionou ao publico asistenta cunha sentida interpretación do seu fermoso texto feminista.

Gañadoras e Xurado reciben unha precioso escultura conmemorativa

A María Teresa Iglesias Yugat, gañadora do Primeiro Premio  fixolle entrega do seu Premio de 300 euros, Angélica Blanco, Directora Xerente do Hotel Congreso patrocinador este ano do noso Premio. Tamén Teresa Iglesias  fixo unha lectura dramatizada do seu fermoso poema que  baixo a melodía clásica aportada polo músico Alejandro Martin, estivo acompañada dun  silencio emocionado por tódalas persoas presentes.

A nosa vicepresidenta Balbi Morcillo, extremeña que cada día fala mellor o galego

 

Non podemos deixar de dar testimonio do  noso agradecemente ao concellal de Igualdade Ignacio Iglesias e da Concelleira de Cultura, Pilar Faxil, que estiveron presentes na entrega dos premios, e como non, aos cinco personalidades do flamante  xurado que nos acompañaron ata o final do encontro

A festa rematou cunha agradable cena e baile ata que o corpo tivo aguante. Finalmente cumpre dicir que traballar traballamos, pero a tenor dos bos resultados,  mereceu a pena o esforzo

Coma sempre pechamos co público en pé e resp cantando respetuossamente o noso Himno Galego «Que din os rumorosos»

 

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Arquivos