Asociación para a participación das mulleres

Visita ao Pazo do Faramello

 

Pazo e parte dos xardins

Seguindo coa teima por afondar no coñecemento da nosa historia máis cercana, acércamonos o sábado día 2 ao Pazo do Faramello situado á beira mesma do noso concello de Teo.

A sorpresa foi maiúscula ao atoparnos cunha recia casona rodeada dun espectacular conxunto vexetal trazado de forma natural pero agarimosamente coidado.

 

Faramello 3

Os xardins históricos galegos que compoñen  a contorna paisaxística do Pazo, albergan a primeira cuberta vexetal  asentada enriba dos restos do que un día foi a primeira fábrica de papel de Galicia.

 

Durante dos horas guiadas por la experiencia histórica d0 seu propietario, podemos percorrer  os  126.000 m2  sobre o que se asenta o edificio principal fundado en 1.710 tras erguerse a Real Fábrica de Papel dá que inda aparecen restos dos antiguos muiños cos seus correspondentes aperos.

As transparentes augas do Rio Tinto

As transparentes augas do Rio Tinto

Especialmente emocionante resultounos a visita ao espazo (xa en Teo)reservado para recordar o tráxico accidente do Avia de fai uns anos. Gracias a xenerosidade do propietario do pazo que donou un bo trozo de terra para que nel se vaian plantando un árbol por cada unha das persoas desaparecidas en tan triste data.

A Visita acabou cun pequeño ágape e degustación de viños, invitadas polo amabilísimo Gonzalo do que gardamos un moi bo recordó polo que volveremos a visítalo.

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*