Práceme publicar aquí este anaco de literatura que chegou as miñas mans e do que é autor GERMAN LÓPEZ QUIROGA.poeta que é da Ribeira Sacra (Rosa Gómez Limia)
Verdadeiramente , eu sempre fun entusiasta e de vangarda interesado na incorporación da igualdade da muller, á dos homes, sen distinción e ó par de dereitos e obrigacións sen prexuízos por condición de sexo considerándoa ser unha persoa máis dentro da Constitución sen discriminación algunha en canto a dereitos , traballo, salarios, e oportunidades .
Tal e como moita xente sabe, aínda que hai varias versións, pero que a máis crible e simbolizada é, a de que en 1.857, en Nueva York estando de folga nunha fábrica morreron queimadas 129 mulleres por estar pelexando por 10 horas de tarefa e igualdade de salarios, sendo que na data do 8 de Marzo do 1.910 ( curiosamente fai 100 anos) acordouse de xeito Internacional alcuñar esta data para que fose, a partires de entón , o día 8 de Marzo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA ,
Con este gallo, e tamén unha vez máis, quero sumarme a esta homenaxe de recoñecemento para todas aquelas sufridoras e sacrificadas así como valentes loitadoras que romperon moldes de progreso, e que soamente dende que eu lembro ,por moda, , tan só encetar a subi-la saia uns centímetros na pantorrilla, fumar un pito, vestir un pantalón, poñer un traxe de baño, conducir un coche, exercer un oficio ou profesión , ou calquera outro miúdo vestixio de lucir os seus encantos, soamente por elo, eran desprestixiadas , e nalgúns casos, criticadas de xeito de deshonra.
Afortunadamente a evolución nestas derradeiras décadas foi tan espectacular que , hoxe en día, achéganse ás máis outas instancias: de executivas, de empresarias , de presidentas de gobernos, sendo que xa, nas universidades son maioría destacando polo talento e responsabilidade nas carreiras de tódalas clases, mais, non todas as reivindicacións están acadadas por moitas leis que proclaman a igualdade de xénero, de salarios , de cotas do 50%, e de igualdade de oportunidades; nin moito menos, na criminal violencia que ven xurdindo e sufrindo, co cal haberá que facer unha política de concienciación para desterrar as tradicións machistas e de sentimentos para que as parellas, consensuadamente, fagan os trocos por separacións sen traumas, xa que si algo remata , outra cousa empeza, case sempre para mellor que antes, ou cando menos, menos malo.