Asociación para a participación das mulleres

«Traballando pola igualdade dende a infancia: Actividade na Escola Infantil de Vilanova»

📢 Actividade pola igualdade na Escola Infantil de Vilanova-Recesende con motivo do 25N

Hoxe, 27 de novembro, celebrouse na Escola Infantil de Vilanova, en Recesende, unha actividade destinada a traballar cos nenos e nenas os estereotipos de xénero nos oficios e profesións, promovendo desde as primeiras idades valores fundamentais como a igualdade e o respecto.

A sesión deu comezo coa lectura do conto _»La joya interior»_, unha obra que pon o foco na importancia de desenvolver unha autoestima sólida e un autoconcepto positivo, valores esenciais para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria. Posteriormente, realizouse unha dramatización na que os máis pequenos representaron diferentes profesións –como cociñeiro, bombeira, policía ou bailarín– para destacar que non existen oficios exclusivos para homes ou mulleres: todos e todas poden perseguir os seus soños sen limitacións de xénero.

A actividade foi coordinada por Alba Midón Cebeiro, unha das integrantes máis novas da nosa xunta directiva, acompañada pola presidenta, Zora Leis Barcia, e outros membros da asociación, que colaboraron no desenvolvemento desta enriquecedora xornada.

Protección da privacidade: As imaxes do evento foron pixeladas por motivos de privacidade, pero as familias interesadas en obter unha copia sen editar poden poñerse en contacto con nós para solicitalas.

👉 Desde Teenses pola Igualdade, agradecemos á comunidade educativa e ás familias a súa implicación nesta iniciativa. Continuamos traballando para construír, desde as primeiras etapas da vida, un futuro onde a igualdade sexa unha realidade para todas e todos.

#Igualdade #Infancia #RompendoEstereotipos #TeensesPolaIgualdade #EducaciónEnValores

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Arquivos