Asociación para a participación das mulleres

Fallo Xurado

O pasado 8 de maio, o xurado dos IX Premios de Poesía María Mariño deu a coñecer os gañadores desta edición. O primeiro premio foi outorgado a D. Óscar Reboiras Loureiro polo seu poema «Os furados das brétemas». O xurado destacou a obra con estas palabras:

«O texto seleccionado, a través do nós maiestático e omnisciente, presenta un mundo poético e desolador, caótico, medoñento e temeroso. Os elementos discursivos, mediante dez unidades estróficas de extensión variable e libre disposición, conteñen numerosos recursos literarios e metafóricos dignos de consideración.»

O segundo premio recaeu en Dª Ana Valín García polo seu poema «<<Despepitarme>> por completo», do cal o xurado destacou:

«O texto seleccionado, de temática clásica, con alusións literarias e musicais, presenta sete unidades con estrutura uniforme e un narrador explícito que alenta á renovación do ser.»

A Gala de entrega de premios terá lugar o próximo 31 de maio de 2024, ás 8 da tarde, no Hotel Congreso. Presentado pola periodista Aida Penas, ademais de recoñecer aos gañadores, renderase unha especial homenaxe á expresidenta e fundadora da asociación, Dª Rosa Gómez Limia, quen será nomeada socia de honra en recoñecemento á súa traxectoria e compromiso á fronte da entidade. A celebración contará tamén con outras actuacións que enriquecerán a velada.

Teenses pola Igualdade agradece a todos os participantes polos seus traballos presentados e felicita aos gañadores por este merecido recoñecemento. O evento do 31 de maio promete ser unha noite emotiva e memorable, marcada polo recoñecemento ao talento poético e o compromiso pola igualdade.

Para máis información, póñanse en contacto coa Asociación Teenses pola Igualdade a través do seu correo electrónico ou número de teléfono.

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*