Con este primeiro vídeo, dende a Asociación Teenses pola Igualdade iniciamos unha serie de colaboracións audiovisuais de denuncia dos crimes machistas. Estamos convencidas de que so unha sociedade concienciada pode rematar con esta lacra. Como poderedes constatar na gravación, labor da nosa socia Sonia Barros, as cifras de mulleres e menores vítimas de violencia de xénero son arrepiantes.