A actual presidenta da asociación de Teenses pola Igualdade, Balbina González Morcillo, comunicou a súa decisión de deixar o cargo de presidencia. Agradecemos a súa adicación e esforzo durante o seu mandato. A súa contribución ao avance da igualdade na nosa comunidade non será esquecida.
De acordo cos Estatutos da Asociación, será a actual vicepresidenta, Zora Leis Barcia, quen asumirá de forma provisional as funcións de presidencia ata a Asemblea Xeral na que se elixirá a próxima Xunta Directiva. Confiámos plenamente na súa capacidade e adicación para continuar co traballo en prol da igualdade na nosa comunidade.
Agradecemos a comprensión e o apoio de todas as socias e socios neste momento de transición. Xuntos, seguiremos avanzando na loita por unha sociedade máis igualitaria e xusta.
Atentamente,
O equipo de Teenses pola Igualdade.