Teo, 3 de decembro de 2022. Onte pola tarde na Mediateca d’Os Tilos tivemos o pracer de escoitar a Marisa Vidal Collazo e Sole Pite, autora e ilustradora do libro «Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe do século IV», publicado pola Editorial Galaxia.
Este ensaio narra a viaxe de Exeria, unha muller afouta movida pola fe e a sororidade, entre o ano 380 e o 383 dende a Gallaecia romana ata Xerusalén. O libro, no cal aparecen varias mulleres cultas e pioneiras, pon de manifesto a importancia de reescribir a historia con referentes femininos.
Co acto de onte, a nosa Asociación vén de inaugurar o Ciclo Lecturas pola Igualdade, unha iniciativa que busca conxugar feminismo e cultura a través da presentación de libros e outros proxectos vencellados co fomento da lectura.
Fue una noche mágica, viajamos con Exeria ,una mujer que explica en primera persona como era en aquel momento.
Gracias Marisa , Sol. Y Claudia, Fue un ncreible.
Seguiremos con estas lecturas feministas
Grazas polo comentario, Balby. Concordo contigo en que todas fomos Exerias durante o acto.