En _Teenses pola Igualdade_, seguimos comprometidas na loita contra a violencia machista e a construción dunha sociedade máis igualitaria. Con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista, organizamos unha charla-coloquio que busca reflexionar sobre os retos da igualdade e ofrecer ferramentas prácticas para avanzar cara a este obxectivo común.
DETALLES DA ACTIVIDADE:
📆 Data: Xoves, 28 de novembro
🕣 Hora: 20:15 h
📍 Lugar: Casa Común de Cacheiras
QUE VOS ATOPAREDES?
* Inés Ramos Trasar tratará o tema _Redes sociais e estereotipos de xénero_, afondando no impacto das plataformas dixitais na perpetuación de roles e desigualdades.
* Alba Mindon Cebreiro analizará os _Estereotipos de xénero na sociedade desde a infancia_, destacando a importancia de educar na igualdade desde os primeiros anos de vida.
Ambas as poñentes son membros máis novas da nosa Xunta Directiva e expertas na temática, achegando unha perspectiva fresca e comprometida.
COLABORACIÓN ESPECIAL: A VAGONETA EDUCATIVA
Contaremos coa participación de A Vagoneta Educativa, que achegará unha coidada selección de libros e material didáctico orientado á igualdade de xénero e a eliminación de estereotipos. Durante a actividade, falaremos destes recursos e explicarémosvos como podedes adquirilos para levalos ao voso día a día.
POR QUE PARTICIPAR?
A educación é clave para a prevención da violencia e a construción dunha sociedade máis igualitaria. Esta charla-coloquio é unha oportunidade única para reflexionar, compartir e adquirir ferramentas útiles para o cambio.
Deixámosvos o cartel do evento! Agardámosvos o xoves, 28 de novembro, na Casa Común de Cacheiras. Participade e sexamos parte da solución!
#TeensesPolaIgualdade #25N #ContraAViolenciaMachista #EducandoEnIgualdade #AxeitandoEsterotipos