Asociación para a participación das mulleres

Asociación Teenses pola Igualdade foi distinguida nos Recoñecementos Meninas 2024

Onte vivimos unha tarde inesquecible para a nosa asociación e para todo o noso concello! A Asociación Teenses pola Igualdade foi distinguida co Recoñecemento Meninas 2024, recibindo a Mención Honorífica Autonómica polo noso compromiso coa igualdade e o traballo continuo a prol dunha sociedade máis xusta e equitativa.
A nosa presidenta, Zora Leis Barcia, quixo compartir este momento tan especial con dúas mulleres que foron clave na nosa historia: Balby González Morcillo, presidenta predecesora, e Rosa Gómez Limia, presidenta fundadora. As súas palabras, cheas de emoción e agradecemento, puxeron voz á historia e ao esforzo de todas as persoas que contribuíron a que hoxe sexamos un referente.
[cid:image001.jpg@01DB3EB1.B434E320]
Grazas a todas as persoas que ao longo dos anos apoiaron este proxecto e que seguen crendo que a igualdade non é só un obxectivo, senón un camiño polo que avanzar xuntas. Este recoñecemento é de todas nós e para toda a veciñanza de Teo.
Seguimos adiante, máis fortes ca nunca! 💜 #Igualdade #TeensesPolaIgualdade #Meninas2024

María José Freire-Garabal Nuñez

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Arquivos