Onte, xoves 20 de xuño, a Asociación Teenses Pola Igualdade celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria e a Asemblea Xeral Extraordinaria. Durante estas sesións, aprobouse por maioría a elección da candidatura presentada para a nova directiva da asociación. A composición da nova directiva é a seguinte:
Presidenta:
- Dona Zoraida Leis Barcia
Vicepresidenta:
- Dona Mercedes Mosteiro Lineira
Secretaria:
- Dona Josefina Angueira Coto
Tesoureira:
- Dona América Lucía Pernas Rodríguez
Vogais:
- Dona María Cruz Gómez Villar
- Dona María José B. Freire-Garabal Núñez
- Dona Mercedes García Novio
- Dona Rocío Pena Duro
- Don Roberto Moñino Gil
- Dona Alba Midón Cebeiro
- Dona Inés Ramos Trasar
Ademáis, tamén se aprobaron as modificacións dos estatutos propostas pola actual Xunta Directiva. Esta renovación e actualización normativa axudará a fortalecer a nosa asociación e a continuar traballando en prol da igualdade en Teo.
Agradecemos a todos as socias e socios pola súa participación e apoio. Seguimos adiante con máis forza e compromiso que nunca.
Asociación Teenses Pola Igualdade