O pasado xoves 8 de outubro Teenses pola Igualdade organizou a conferencia «Coronavirus: tomando conciencia para unha nova normalidade». Esta charla, que tivo lugar na Mediateca d’O Grilo (Cacheiras), foi impartida por Andrés Amado, licenciado en Farmacia. Javier Chantada Abal, tamén farmacéutico, foi o encargado de realizar a presentación do conferenciante.
Andrés Amado comezou a súa intervención explicando que é o coronavirus e como ataca as nosas células ao contraer a COVID-19. Seguidamente Amado expuxo en detalle os diferentes métodos para evitar o contaxio desta enfermidade. En primeiro lugar salientou a importancia de lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, realizando un lavado concienzudo e completo.
A principal recomendación de Amado á hora de previr a enfermidade foi o uso das máscaras axeitadas. Estas serven de barreira para as miles de pequenas partículas coñecidas como aerosoles, que representan unha das principais vías de transmisión da enfermidade.