O día 23 de novembro, con motivo do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, Teenses pola Igualdade estivo na Escola unitaria de Vilanova Recesende para achegar aos nenos a importancia dos valores da igualdade, do respecto aos seres humanos e o rexeitamento da violencia.
Dende a nosa asociación consideramos que a educación é fundamental para conseguir unha sociedade máis igualitaria e solidaria. Desta vez agradecemos a colaboración da actriz @XoanaPintos que lles relatou un fermoso conto cheo de valores do que os nenos desfrutaron aprendendo. Gracias Xoana!!!