Celébrase unha nova Feira local de segunda man na carballeira de Francos, no marco da II Feira da Terra
O Departamento de Participación Veciñal de Teo coordina unha nova edición da Feira local de segunda man, que se celebra o próximo 8 de xuño no marco da II Feira da Terra, na carballeira de Francos (Calo). Nesta ocasión os postos de compra venda estarán colocados ó aire libre e funcionarán entre as 12:00 e as 18:00 horas.
Alí estaremos catro asociación de Teo para vender ou trocar, roupa, libros, obxectos de decoración… A idea que se quere fomentar con esta feira, que xa se celebrou no Concello con anterioridade, é darlle un novo uso a cousas que os seus donos xa non utilizan. Reutilizar e reciclar son dous dos obxectivos que se perseguen con estas feiras de intercambio.
Temos posta a nosa esperanza de que asista moita xente para poder financiar alguinha das múltiples actividades que nos plantexamos