
O noso grupo de teatro Martabelas segue levando aos escenarios a súa obra Segredos de familia e licor café, unha comedia con moito humor e retranca que está a colleitar grandes ovacións alá por onde pasa.
Esta fin de semana temos dúas novas datas:
- Sábado 10 de maio ás 21:00 h → no Auditorio de Baio, dentro da VIII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose.
- Domingo 11 de maio ás 19:00 h → no Centro Cívico de Caranza (Ferrol), formando parte do ciclo Domingos a Escena.
A entrada é libre ata completar aforo, polo que animamos a toda a veciñanza e amantes do teatro a achegarse e desfrutar dunha proposta que fala das relacións familiares, segredos ocultos… e algunha que outra sorpresa, sempre cun toque de humor que nos caracteriza.
E avanzamos tamén que o venres 16 de maio estaremos en Muros para seguir compartindo esta aventura con vós. Pronto daremos máis detalles!
Seguide atentos/as ás nosas redes e web para non perder nada! Grazas por apoiar a cultura e o teatro feito con corazón.
#Martabelas #TeatroAfeccionado #TeensesPolaIgualdade #SegredosDeFamiliaELicorCafé #Cultura #Baio #Ferrol #Muros