A Asociación Teenses pola Igualdade presenta o seu Calendario Solidario 2025, unha iniciativa coa que cada persoa pode colaborar na loita pola igualdade cunha achega de 5 euros. Este calendario mensual destaca por ser máis que un organizador: é un recordatorio constante das datas máis relevantes para a nosa causa e un símbolo de compromiso e solidariedade.
Podes adquirilo en:
* A Vagoneta Educativa
* Ou contactando connosco a través do correo electrónico info@teensespolaigualdade.org.
Ademais de contribuír a apoiar os proxectos da asociación, este calendario é unha opción perfecta para regalar este Nadal, transmitindo valores de igualdade e esperanza a quen o reciba.
Desde Teenses pola Igualdade agradecemos profundamente o apoio de todas as persoas que, coa súa colaboración, fan posible continuar coa nosa misión de promover a igualdade de xénero e sensibilizar á sociedade.
Xunt@s pola igualdade! 💜