Asociación para a participación das mulleres

20 Anos de Teenses pola Igualdade: Unha Gala para Recordar

Onte, venres 29 de novembro, celebramos o 20 aniversario da nosa asociación, Teenses pola Igualdade, cunha emotiva gala chea de recordos, agradecementos e ilusión por seguir construíndo un futuro igualitario.

O acto abriu cun sentido discurso da nosa presidenta, Zora Leis Barcia, que fixo unha fermosa viaxe polos comezos da asociación, lembrando ás integrantes da primeira directiva que fundaron este proxecto no ano 2003. Rosa Gómez Limia, Pilar Río Corbacho, Jacinta Palacios Piñas (a quen seguimos botando de menos), Lourdes Carreira Liñeiras, Meca Pernas Rodríguez, José Manuel Elías Noya, María Jesús de Cabo Mosquera e Rosario García Ramos foron pioneiras na loita pola igualdade en Teo.

Zora destacou tamén o traballo do actual equipo directivo, elixido en xuño deste ano, que combina experiencia e enerxía nova para dar continuidade á misión da asociación. Non faltaron os agradecementos á alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, quen nos dedicou unhas fermosas palabras e nos felicitou polo Premio Meninas 2024 – Mención Honorífica Autonómica. A súa presenza, así como a dos concelleiros e representantes políticos asistentes, foi un apoio significativo neste día tan especial.

Un dos momentos máis esperados da noite foi a proxección dun documental que recollía as memorias destes 20 anos de vida asociativa, grazas ao gran traballo de Pixi e a coidada selección de fotografías realizada por José Luis. Emoción, nostalxia e moitas risas acompañaron este percorrido visual pola nosa historia.

A velada contou ademais coa música de Bárbara, quen puxo a banda sonora perfecta a esta celebración, e rematou cun apetitoso aperitivo que permitiu seguir compartindo anécdotas e plans de futuro.

Desde Teenses pola Igualdade, queremos expresar o noso profundo agradecemento a todas as persoas que fixeron parte desta festa, tanto ás que estiveron fisicamente como ás que acompañaron o espírito deste proxecto ao longo dos anos. Grazas por seguir soñando connosco.

💜 Xuntas e xuntos, seguiremos loitando pola igualdade! 💜

#TeensesPolaIgualdade #20AnosDeHistoria #PremioMeninas2024 #Igualdade #Teo

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Arquivos