Asociación para a participación das mulleres

Martabelas Teatro estrea en Rianxo este venres 25 ás 20:00

A compañía de teatro amador Martabelas Teatro representará a obra Segredos de Familia e licor café no Centro Sociocultural Atalaia (Asados).

A compañía de teatro amador Martabelas Teatro representará a obra Segredos de Familia e licor café no Centro Sociocultural Atalaia (Asados).

  • Cando? Venres 25 de outubro, ás 20.00 h
  • Onde? Centro Sociocultural Atalaia – Asados

Entrada de balde ata completar a capacidade.

Proposta ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Máis información:

Xénero: Comedia negra
Duración: 90 minutos
Todos os públicos

Sinopse:

Segredos de familia (e licor café) é unha comedia negra que explora os segredos ocultos dunha familia galega cun humor afiado e escenas de suspense.

Lucía, unha actriz de éxito, regresa á casa familiar, onde a agardan as súas peculiares tías Adelaida e Úrsula, que parecen ser exemplo de bondade pero agochan un pasado sombrío. Ao mesmo tempo, a súa irmá Silvana volve cunha vida chea de misterios e intencións incertas.

A obra presenta mulleres fortes e decididas que loitan por controlar o seu destino, rompendo con convencións sociais mentres revelan as súas propias contradicións. A través de enredos, mentiras e doses de licor café, Segredos de familia ofrece unha visión divertida e crítica das relacións familiares e a procura da liberdade persoal, sempre con un ollo posto na igualdade e o respecto mutuo.

Entre o humor negro e a reflexión, a obra invita a pensar sobre como nos definimos e como somos definidos polos demais.

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*