Clausura da Exposición:
– Mulleres Artistas Plásticas Implicadas Contra Violencia de Xénero-
Entre os actos reinvindicativos inherentes á loita contra a violencia cara ás mulleres, Teenses Pola Igualdade inaugurou unha Exposición que permaneceu aberta ata o pasado día 10 de decembro na Cafeteria «A Santa Sé» dá Ramallosa.
Ca citada data procedemos a clausura da exposición que despertou o interés do público en xeral e dos profesionais en particular.
Artistas Participantes:
Estrela Rua- Oleo sobre tea
Mª José Domínguez- Escultura alegórica
Puri Gómez Galiñanes- Oleo sobre lenzo
Cristina Carou- Oleo sobre lenzo
Mercedes Molares:Escultura Plana
Viki Rivadulla:Oleo sobre lenzo
Mari Vega: Fotografía artística reivindicativa
Natalia Lampón: Fotografía artística reivindicativa
Todas as artistas aparecen reflectidas no libro «1000 Mulleres Galegas Artistas Emerxentes» resultado da acción investigadora que durante varios anos percorreron a xeografía galega en busca de mulleres artistas aínda emerxentes, é dicir non coñecidas para o gran público.
Rosa Gómez Limia como xornalista e redactora, Patricia Núñez como supervisora e investigadora Natalia Lampón, como deseñadora e maquetadora e Teenses Pola Igualdade como editora, puxeron na rúa a obra no ano 2009
O traballo conseguiu os resultados perseguidos e a obra de moitas das autoras naquel momento emerxentes, gozan hoxe xa dun merecido renome chegando algunhas, a expoñer en cidades da importancia de París, Nova York, Madrid…etc.