Asociación para a participación das mulleres

Lecturas Feministas: presentación do libro «La muerte de Alicia (o el ocaso)» de Ana Valín.

O xoves 29 de febreiro, na Casa Común de Cacheiras convidámosvos á presentación do libro «La muerte de Alicia (o el ocaso)» da autora Ana Valín  trátase dun  poemario sobre a maternidade e a depresión posparto, unha reflexión sobre a infancia e o papel de ser nai contada desde unha óptica persoal e co referente de «Alicia en el País de las Maravillas».

Sobre a autora: Ana Valín García naceu en Lugo, é licenciada en Ciencias da Comunicación e diplomada en Ciencias da Educación. Actualmente exerce como mestra de infantil, compaxinando esta labor coa de escritora de poesía e narrativa. En 2018 publicou a súa primeira novela, “El vals de las hormigas”, que se adentra no ámbito da filosofía literaria cunha mensaxe clara: a vida está chea de pequenas dificultades, e para seguir o noso camiño teremos que superar presións sociais, tendo que elixir entre o que é correcto e o que se espera de nós.

Cando: Xoves 29 de febreiro as 20:30h

Onde: Casa Común de Cacheiras

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*