Asociación para a participación das mulleres

IX PREMIO DE POESÍA MARÍA MARIÑO

A ASOCIACIÓN TEENSES POLA IGUALDADE de TEO

Convoca:

IX PREMIO DE POESÍA “MARÍA MARIÑO”

Data: 2023/2024

Suxeito ás seguintes BASES:

  1. Poderán participar todas as persoas maiores de idade que o desexen calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que o seu traballo estea escrito en galego.
  2. Non poderán presentarse autoras/es premiadas en anteriores edicións.
  3. Os poemas que se presenten deberán ser orixinais, inéditos e non presentados noutros concursos, sendo libres o tema e maila forma.
  4. O IX Premio María Mariño de Poesía estará dotado cun Primeiro Premio de 500€ e un Segundo Premio de 300€.
  5. Cada concursante participará cun único poema, que non deberá exceder os CEN (100) versos mecanografados.
  6. No caso de que se envíen por correo ordinario, os poemas deberán presentarse baixo o lema indicando no sobre: PARA O IX PREMIO DE POESÍA MARÍA MARIÑO. No interior do sobre que conteña o traballo achegaranse un sobre a parte, pechado e lacrado, con seguintes datos: Nome e apelidos, DNI ou pasaporte, enderezo, teléfono e correo electrónico da persoa autora do traballo, así como un resume dos seus datos biográficos que non deberá exceder as quince liñas.
    • Os poemas remitiranse a:
      • ASOCIACIÓN TEENSES POLA IGUALDADE
      • IX-Premio de Poesía María Mariño
      • Apartado de Correos nº 4
      • Travesía de Cacheiras, 24, baixo
      • 15883- Cacheiras TEO (A Coruña)
      • No caso de que se envíen por correo electrónico, os poemas deberán remitirse indicando no Asunto “Para o IX Premio María Mariño”, así como o lema do traballo. Os poemas axuntaranse nun arquivo formato PDF, tamén nomeado co lema. Noutro arquivo deberán figurar os seguintes datos: nome e apelidos, DNI ou pasaporte, enderezo e teléfono da persoa autora do traballo, así como un resume dos seus datos biográficos que non debera exceder as quince liñas. Os poemas remitiranse a:
      • info@teensespolaigualdade.org
  7. O xurado cualificador estará integrado por cinco personalidades das letras e da cultura galega actuando coma Secretaria con voz e sen voto unha persoa elixida pola directiva da asociación.
  8. O fallo do xurado será inapelable e a súa composición, así como o nome das persoas galardoadas, darase a coñecer a través dos medios de comunicación. As persoas gañadoras recibirán comunicación directa por parte da organización.
  9. A entrega dos Premios terá lugar nun acto poético na primavera do 2024.
  10. O prazo para a entrega dos traballos será ás 0:00 horas do 1 de marzo do 2024
  11. Os traballos gañadores quedarán en poder da Asociación Teenses pola Igualade que se reserva os dereitos sobre os mesmos.
  12. Os traballos presentados non premiados deberán ser retirados polos autores previa identificación, no prazo de dous meses, dende a entrega do Premio. Transcorrido dito prazo procederase a súa destrución.
  13. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes Bases. Todas as incidencias non previstas nas mesmas serán resoltas pola Directiva ou polo Xurado cando este quede constituído

ASOCIACIÓN TEENSES POLA IGUALDADE

BASES EN PDF

TRÍPTICO EN PDF

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*