Asociación para a participación das mulleres

Actos do Dia da eliminación da violencia contra as muller

O pasado 23 de novembro, con motivo do Día internacional da eliminación da a violencia contra a muller tivemos un acto na Mediateca O Grilo de Cacheiras onde contamos con dúas invitadas de excepción, Chelo Cajide Lavandeira, directora y psicóloga do Centro de Información ás mulleres co concello de Teo (CIM de Teo), con unha ampla traxectoria e formación especializada na violencia de xénero e no campo da igualdade de oportunidades entre mulleres e Milagros Martínez García, perito psicóloga forense e vicepresidenta da sección xurídica do Colexio oficial de Psicoloxía de Galicia. Tras a lectura dun manifesto pola nosa presidenta, Balbina González Morcillo, en nome da asociación as convidadas analizaron a preocupante situación en materia de violencia de xénero e o retroceso da igualdade en todas las idades. As poñentes consideran fundamental a educación dende pequenos e reclaman dos poderes públicos unha maior inversión na ensinanza para poder loitar contra esta lacra.

Para rematar o acto fixemos unha homenaxe as mulleres que foron asasinadas e silenciadas polas súas parellas ou exparellas este 2023, non vos esquecemos!!!.

Manifesto de Teenses:

“A desigualdade e a violencia de xénero foron unha constante ao longo da evolución do ser humano.

A día  de hoxe a violencia contra as mulleres constitúe unha gran secuela social cuxa natureza permanece oculta, dalgunha maneira aos ollos da sociedade e dalgúns poderes públicos.

Con todo, a pesar de ser un dos problemas sociais máis arraigados e presentes en toda a nosa historia, é unha problemática que, lonxe de estar en extinción, é pouco recoñecida a moitos niveis e ten escasas expectativas de erradicarse a curto prazo.

É tal a repercusión e a magnitude do problema así como as súas consecuencias, que a OMS xa en 2013 cualificaba a violencia de xénero como «un problema de saúde global de proporcións epidémicas».

En Galicia hai, a día de hoxe, 1.258, maltratadores persistentes, así que 4.753 mulleres non poden vivir tranquilas e ven as súas vidas ameazadas, a pesar de que existen métodos, (Policía Nacional, Garda Civil, Centros de acollida, dispositivos electrónicos etc.) dedicadas á súa protección.

Moitas mulleres teñen medo, medo a denunciar, medo a que maten os seus fillos, medo aos malos tratos psicolóxicos, que non se ve pero que vai minando aos poucos as súas vidas.

Cando asasinan a unha muller e os Medios de Comunicación entrevistan os veciños e din «é unha persoa agradable, nunca pensei que era un maltratador». Non, efectivamente, non era un maltratador, era UN ASASINO. Non podemos esquecer nunca isto.

É por iso que solicitamos, que se destinen máis medios a esta loita, que aos asasinos, as penas ás que se someten, non se lles condonen. Que se doten as cidades, os pobos, de equipos multidisciplinais que axuden ás mulleres.

Que se eduque en igualdade desde as Escolas Infantís ata os Colexios e os traballos para poder erradicar esta secuela que está na nosa sociedade e que mata cada ano a tantas de nós.

O pasado sábado, o feminicidio dunha moza a piques de graduarse a mans do seu noivo conmocionou a toda Italia. O seu pai publicou estas palabras despois do enterro: “O verdadeiro amor, non humilla, non decepciona, non pisa, non traizoa nin fere. O verdadeiro amor non golpea, non grita, non mata”.

ENTRE TODAS PODEMOS SEGUIR LOITANDO PARA ACABAR CON ESTA SECUELA TAN VERGONZANTE PARA A nosa SOCIEDADE.

Imos lembrar ás mulleres que foron asasinadas en 2023

Balbina González Morcillo

Presidenta de Teenses pola Igualdade

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*