Asociación para a participación das mulleres

Teenses pola Igualdade réndelle homenaxe a Malena Suárez Silva na nova edición da Festa das Mulleres

O pasado sábado 11 de marzo tivo lugar unha nova edición da tradicional Festa das Mulleres organizada pola nosa Asociación. Este 2023 contou coa participación de catorce asociacións do noso concello, así como coa colaboración de varias entidades e establecementos teenses. Malena Suárez Silva foi a muller homenaxeada este ano polo seu gran labor a prol da igualdade e a dignidade das persoas á fronte da asociación ARCOS Tilos durante catorce anos.

As asociacións participantes foron Aspamite, O Castro de Recesende, Asociación de Veciños Os Tilos, ARCOS Tilos, A Regionalista, Trinxidoiro, A Mámoa, Cruceiro do Monte, Mulleres Rurais de Teo, A Ponte Vella, Rosalía de Castro de Cacheiras, Coral San Simón de Ons, Sociedad A Recreativa de Calo, Sociedad de Agricultores y Ganaderos de Calo. A festa contou tamén coa colaboración do Concello de Teo, Sondanza Oriental, a cantautora Cristina G. Rom´án, e os acordeóns da Escola de Estudos Musicais Allegro Os Tilos, ademais das achegas da Cafetaría Beto’s, Cafetaría Portugaliza, Eroski, Gadis, Panadaría San José, Panadaría Solláns e Multicentro Pernas.

Intre da homenaxe a Malena Suárez Siva
Durante o encontro gozamos de diversos números de música tradicional
Actuación do grupo Sondanza Oriental
A cantautora Cris Román interpretando unha peza sobre o teito de cristal
O acordeón da Escola de Estudos Musicais Allegro Os Tilos

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*