Seguindo coa teima por afondar no coñecemento da nosa historia máis cercana, acércamonos o sábado día 2 ao Pazo do Faramello situado á beira mesma do noso concello de Teo.
A sorpresa foi maiúscula ao atoparnos cunha recia casona rodeada dun espectacular conxunto vexetal trazado de forma natural pero agarimosamente coidado.
Os xardins históricos galegos que compoñen a contorna paisaxística do Pazo, albergan a primeira cuberta vexetal asentada enriba dos restos do que un día foi a primeira fábrica de papel de Galicia.
Durante dos horas guiadas por la experiencia histórica d0 seu propietario, podemos percorrer os 126.000 m2 sobre o que se asenta o edificio principal fundado en 1.710 tras erguerse a Real Fábrica de Papel dá que inda aparecen restos dos antiguos muiños cos seus correspondentes aperos.
Especialmente emocionante resultounos a visita ao espazo (xa en Teo)reservado para recordar o tráxico accidente do Avia de fai uns anos. Gracias a xenerosidade do propietario do pazo que donou un bo trozo de terra para que nel se vaian plantando un árbol por cada unha das persoas desaparecidas en tan triste data.
A Visita acabou cun pequeño ágape e degustación de viños, invitadas polo amabilísimo Gonzalo do que gardamos un moi bo recordó polo que volveremos a visítalo.