
Queridas socias e socios,
Desde Teenses pola Igualdade, queremos convidarvos a participar na XIV Festa das Mulleres e Asociacións de Teo, a nosa celebración anual con motivo do Día Internacional da Muller (8M). Será unha tarde especial de encontro, recoñecemento e festexos, na que nos gustaría contar convosco.
📅 Día: Sábado 15 de marzo
📍 Lugar: Casa común de Rarís
🕔 Hora: A partir das 17:00h
Nesta edición, queremos render unha merecida homenaxe a Ana Conde Miranda, quen, a través da publicación do querido Teovivo, nos achegou durante anos as noticias, a cultura, o deporte e a xente de Teo, contribuíndo de maneira fundamental á vida social e cultural do noso concello.
🎭🎶 Ademais, gozaremos dunha actuación especial de Conde Varo e das representacións dos grupos das asociacións participantes, que encherán a tarde de arte e diversión.
⚽ Non nos esquecemos do deporte feminino! Faremos unha dedicatoria especial ás mozas futbolistas dos equipos do Calo e do Praíña, celebrando o seu esforzo e os éxitos acadados.
Para rematar, compartiremos unha rica merenda e un espazo de encontro entre todas as persoas asistentes.
💜 A vosa presenza é moi importante para nós! Animádevos a vir e a compartir connosco este día de festa e reivindicación.
Agardámosvos con ilusión!
Unha aperta,
Zora Leis Barcia
Presidenta de Teenses pola Igualdade