Asociación para a participación das mulleres

Manifesto 25 de novembro

Dende a nosa Asociación queremos compartir convosco o noso manifesto co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Rematar coa violencia e educar en valores e igualdade é tarefa de todas e todos.

Hai 60 anos, as 3 irmás Mirabal tamén coñecidas como as Bolboretas de Ollo de Auga, foron asasinadas a paus polos Axentes do ditador dominicano, XeneralTrujillo.

En 1981, en honra a estas tres activistas dominicanas, declarouse o 25 de novembro como Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O clamor dos seus berros de liberdade repítese e estende cada 25 de novembro por todos e cada uns dos recunchos da terra.

Lamentablemente, na actualidade, a pesar do tempo transcorrido e dos esforzos realizados, a violencia de xénero sega cada ano a vida de centos de mulleres; tan so no noso país nos últimos catro anos foron 470 as mulleres asasinadas a mans dos seus homes ou excompañeiros.

A realidade constata que tanto a violencia física como a psicolóxica exercida contra as persoas do noso mesmo sexo, segue sendo a violación máis habitual, oculta e impune dos dereitos humanos en todo o mundo.

É esa ferocidade asasina, coa que algúns homes segan a vida das súas mulleres e compañeiras, a que produce calafríos e a que, desgrazadamente, vén sendo moeda case habitual nos medios de comunicación. É unha triste realidade realidade en bloque, que detalla un listaxe sen rostros, interminable e incomprensible para todo razoamento humano.

Neste ano de pandemia produce arrepío pensar en cantas serán as mulleres que estarán a sofrer acoso e malos tratos que se practica de forma oculta na soidade de milleiros de fogares e que están a padecer trato no interior dos seus fogares condenadas a como están a permanecer confinadas na compaña do seu maltratador ou quizáis asasino e que fere sen piedade a seres inocentes como son os seus fillos e persoas próximas.

A violencia de xénero, nas súas diferentes formas, é un dos problemas mais graves aos que se enfronta actualmente a sociedade. Os malos tratos familiares, os abusos sexuais, o acoso sexual, a mutilación xenital, o tráfico de mulleres e nenas, son manifestacións contra a liberdade individual e, en consecuencia, unha grave e intolerable violación dos parámetros de liberdade adscritos en boa lei, á raza humana. As mulleres e homes teenses, denunciamos aquí tamén eses malos tratos sutiles e encubertos, desgrazadamente aceptado socialmente que se exerce en forma de chiste, comentarios e actitudes machistas convertidas en celos argumentados, control da forma de vestir, do diñeiro, das relacións sociais, do tempo e a vida das mulleres que son a expresión dunha orde social de desigualdade, que asigna roles diferentes ás persoas en función do sexo e que subordina ou invisibiliza o feminino fronte ao masculino.

Por todo iso, Teenses Pola Igualdade, Mulleres Rurais de Teo en consonancia e co apoio da máxima institución local, o Concello, adquirimos un ano máis, os seguintes

COMPROMISOS:

  • Traballar cada día para transformar os arrepiantes tentáculos da violencia. Para derretelos co calor das nosas voces e a nosa forza, facendo visible e denunciando canta violencia detectamos ao noso redor contra as mulleres, e as consecuencias desta sobre os seus descendentes.
  • Dar apoio ás vítimas, divulgando os recursos ao seu alcance reforzándoos mediante as accións e actuacións necesarias para superar a situación de violencia, respectando as súas decisións e iniciativas, e facilitando os medios e o acceso aos mesmos.
  • Espallar os recursos, accións e medidas que favorecen a erradicación da violencia contra as mulleres, e reforzar modelos sociais que permitan a resolución de conflitos de forma non violenta, fomentando a educación para a paz.
  • Asumir o compromiso de actuar contra todo tipo de malos tratos, fomentando e transmitindo modelos non sexistas e de respecto á igualdade de mulleres e homes.
  • Traballar por unha tolerancia cero cara á violencia contra as mulleres na nosa comunidade, visualizándoa e denunciándoa en todo momento.
  • Comprometémonos a non ser cómprices de asasinos co noso silencio. Así manifestaremos publicamente o noso rexeitamento a esta situación intolerable de dominio e de morte que non respecta nin sentimento nin emocións nin a liberdade individual das mulleres, dereito inalienable e consustancial con todo ser humano.
  • Finalmente, queremos manifestar a nosa firme decisión de seguir traballando para conseguir que na nosa contorna, Teo e Galicia sexa unha terra onde as mulleres se sintan seguras e libres para decidir co ha ser o transcorrer da súa propia vida.

Todo iso mentres esperamos con impaciencia ese tan desexado día no que todos os seres humanos sexamos tratados por igual segundo as nosas capacidades e aptitudes, nunca en razón do sexo co que a Natureza caprichosa quixo no seu momento, dotarnos.

Teenses Pola Igualdade a 25 de novembro de 2020


No se han encontrado comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*