Asociación para a participación das mulleres

CINE FORUM 25 DE NOVEMBRO «Solo mía»

A historiadora e feminista Guillermina Dominguez dirixindo o debate

La historiadora y feminista Guillerminaa Dominguez

RESEÑA “SOLO MÍA”

Por Claudia Castro

Co gallo do Día Internacional contra a Violenciade Xénero, a Asociación Teenses pola Igualdade e a Asociación de Mulleres Recandea do Castiñeiriño celebramos o pasado sábado 25 de novembro o Cineforum de xénero coa película Solo mía.

O encontro tivo lugar no Centro Sociocultural Agustín Bueno do barrio compostelán do Castiñeiriño e reuniu a máis de corenta persoas, homes e mulleres. A historiadora e feminista Guillermina Domínguez foi a encargada de presentar o filme e moderar o coloquio posterior.

Solo mía foi estreada no ano 2001, dirixida por Javier Balaguer e protagonizada polo actor Sergi López e a actriz Paz Vega. O filme narra a historia de amor de Ángela e Joaquín, unha parella nova de clase media, que se namora, contrae matrimonio e ten unha filla. Todo semella felicidade e harmonía ata que chegan os primeiros berros e a primeira bofetada. A partires de aí o conto de fadas convértese nun pesadelo para Ángela.

Guillermina Domínguez comentou o elevado valor como testemuña do filme, dado que o director tomou coma fonte experiencias reais de vítimas de violencia de xénero. A moderadora realizou ademais unha interesante análise dos personaxes principais e secundarios da película e da súa evolución durante a mesma. De Ángela, muller nova, ambiciosa e atractiva, destacou as súas ideas claras respecto ao

seu futuro persoal e profesional, que se ven frustradas polo carácter machista e violento de Joaquín, o seu home. De Andrea, amiga de Ángela,  a sororidade e a solidariedade coa súa amiga ademais do rexeitamento a todo tipo de machismo. Da nai de Ángela salientou a súa mentalidade de muller tradicional e submisa, que vai cambiando a medida que se decata do sufrimento da súa filla.

A historiadora quixo ademais ilustrar o coloquio con cifras. Lembrou que actualm

ente en España unha muller é asasinada cada cinco días por violencia de xénero e unha muller é violada cada oito horas. En 2017 o número de vítimas de violencia de xénero supera a cifra coa que pechou 2016, ano no que foron asesinadas 44 mulleres.

No se han encontrado comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*