Asociación para a participación das mulleres

Posts by teensespolaigualdade

As nosas Martabelas voltan ao escenar...

As nosas Martabelas voltan ao escenario
Tras o obrigado parón da pandemia, as nosas Martabelas volven actuar. O grupo de teatro de Teenses pola Igualdade representará a peza «Un bombón inesperado». A cita terá lugar o vindeiro 10 de maio no IES Rosalía Mera (antigo Calvo Sotelo) de A Coruña. Moita sorte, artistas!

COMUNICADO OFICIAL DA XUNTA DIRECTIVA...

COMUNICADO OFICIAL DA XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN TEENSES POLA IGUALDADE EN RELACIÓN AO SUCESO ACAÍDO NA CELEBRACIÓN DA XII FESTA DAS MULLERES
Teo, 17 de marzo de 2022. Dende a xunta directiva da Asociación Teenses pola Igualdade queremos manifestar o noso fondo pesar polos sucesos acaídos o pasado sábado 12 de marzo no Auditorio Municipal d’A Ramallosa (Teo) co gallo da celebración da XII Festa das Mulleres. En primeiro lugar, as membras e membros da xunta directiva abaixo as [...]

O vindeiro 12 de marzo celebraremos a...

O vindeiro 12 de marzo celebraremos a tradicional Festa das Mulleres
Teenses pola Igualdade recupera este 2022 a celebración da Festa das Mulleres e das Asociacións de Teo. O vindeiro sábado 12 de marzo a partires das 18h terá lugar no Auditorio Municipal d’A Ramallosa unha homenaxe ao grupo de mulleres voluntarias que de maneira desinteresada confeccionaron máscaras ao comezo da pandemia. No encontro d [...]

Sergio Clavero, Premio Docente Innova...

Sergio Clavero, Premio Docente Innovagal
Dende Teenses pola Igualdade queremos felicitar a Sergio Clavero por ser recoñecido cun dos Premios Docentes Innovagal outorgados pola Xunta de Galicia. Este profesor do IES de Cacheiras recibiu este galardón polo seu proxecto Aturuxo Films, que ten coma obxectivo a alfabetización cinematográfica dos estudantes a través do pensamento crítico [...]

Teenses pola Igualdade reivindica a e...

Teenses pola Igualdade reivindica a eliminación da violencia de xénero cunha conferencia de Rosa Arcos e Sergio Clavero
O pasado venres 26 de novembro a nosa Asociación celebrou o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller cunha conferencia na que participaron Sergio Clavero, profesor do IES Cacheiras, e Rosa Arcos, activista feminista e ex presidenta de FADEMUR. O encontro tivo lugar na Biblioteca do Grilo, en Cacheiras, e contou coa a [...]

Xa podes mercar a Lotería de Nadal de...

Xa podes mercar a Lotería de Nadal de Teenses pola Igualdade
Igual ca en anos anteriores, a nosa Asociación contará cun número de lotería de Nadal. Nesta ocasión será o 52.850. Se desexas adquirir o teu décimo, podes atopalo na Administración de Lotería de Cacheiras (Teo).

O prazo de recepción de poemas do Cer...

O prazo de recepción de poemas do Certame María Mariño finaliza o 30 de decembro
Aquelas autoras e autores que desexen presentar os seus poemas ou composicións á Oitava Edición do Premio María Mariño aínda están a tempo. A xunta directiva da Asociación Teenses pola Igualdade decidiu este 2021 ampliar o prazo ata o 30 de decembro debido ás circunstancias excepcionais que estamos a vivir por mor da pandemia. Outra das novi [...]

Conferencia-coloquio «Masculinidade: ...

Conferencia-coloquio «Masculinidade: a máscara na que vivimos»
O vindeiro xoves 10 de xuño ás 20h terá lugar unha nova conferencia-coloquio dixital organizada pola nosa Asociación. Nesta ocasión será Priscila Tamara Retamozo, coordinadora do proxecto coeducativo COMANDO IGUALDADE, quen imparta a charla que levará por título «Masculinidade: a máscara na que vivimos». A plataforma utilizada será Microsoft [...]

A presidenta de Teenses pola Igualdad...

A presidenta de Teenses pola Igualdade participa no foro «Con Voz de Mujer», organizado pola CADENA SER
Rosa Gómez Limia, presidenta de Teenses pola Igualdade, participou o pasado 16 de abril en Santiago de Compostela nas xornadas «Con Voz de Mujer», organizadas pola CADENA SER. A sesión contou con varias mesas redondas nas que homes e mulleres de diferentes ámbitos debateron sobre os numerosos retos no camiño cara a igualdade. O foro foi clau [...]

A nosa Asociación participa nun vídeo...

A nosa Asociación participa nun vídeo conmemorativo do Día do Libro
Co gallo do Día Internacional do Libro, celebrado o pasado 23 de abril, a nosa Asociación colaborou na gravación dun vídeo de animación á lectura impulsado dende a Concellaría de Cultura de Teo. Este vídeo, gravado en lugares emblemáticos do municipio, como son o Alto de Montouto e a Horta do Dubra, recolle as voces das diferentes asociac [...]