| SOMENTES POR SER NENAS.
Cifras escalofriantes. |
POR SER NENAS, é o primeiro paso dun longo camiño dedicado a achegar a realidade na que viven as máis pobres entre as pobres, as nenas. Unha realidade marcada por prexuicios, tradicións e discriminacións que condicionan a vida das nenas desde o momento de ser concibidas.
O 60% dos menores de 11 anos que non van á escola son
nenas.
Tan só o 50% das nenas indias son rexistradas ao nacer e o 30% ao morrer.
30 millóns de mulleres e nenas foron escindidas, 2 millóns máis o serán este ano.
As mulleres e as nenas carecen de dereitos de herdanza ou da posibilidade de acceder a un crédito.
Se non fose por prácticas como o aborto selectivo de fetos femininos, habería 120 millóns máis de mulleres vivas.
As mulleres teñen problemas para acceder ao sistema de inscripción de nacementos porque a lei non lles permite realizar este trámite.
Só unha de cada 3 mulleres pakistaníes sabe ler e escribir.
Unha muller que recibe educación ou ten acceso á planificación familiar pode reducir a mortalidad dos seus fillos nun 25%.
A educación das nenas implica un custo adicional polo tempo que deixan de traballar en casa.
Cando as mulleres teñen un maior control do ingreso, os índices de mortalidade infantil tenden a diminuír.
As diferenzas entre nenas e nenos existen desde o momento de ser concibidos.
Dous millóns de nenas son traficadas, vendidas ou prostituídas cada ano.
O embarazo é a causa principal de morte entre as nenas e mulleres de 15 a 19 anos.
|
Observatorio da violencia |
19/11/07 |
|