| SONETO DE AMOR E DEFENSA DA FRAGA DE CECEBRE, FRONTE Ó AVE MAL ENCARREIRADO |
Xoia inmortal, ou! Fraga de Cecebre,
-chamouche Wenceslao bosque animado-
tesme por sempre o corazón gañado
por galega, tan nosa, tan enxebre.
Permíteme que hoxe te celebre
ó ve-lo teu futuro ameazado
por un progreso mal encamiñado
que na técnica ten cegueira e febre.
Non consentir podémo-la ferida
que causaría á nosa nai Galiza
a tristura de véreste partida.
Mais… creo no Dereito, e nesta liza
agardo para ti, fraga querida,
o triunfo da Beleza e da Xustiza.
(Recitado en la Fraga de Cecebre el 24/marzo/2007 en un acto organizado por la Casa Museo Wenceslao Fernández Flórez de Cecebre, y en la presentación en la misma de mi libro “Poemas estradenses e catorce poemas máis”)
|
Xoán Xosé Fernández Abella |
23.03.07 |
|